Leve repunte de casos COVID en Lugo

Novo contaxio na provincia, mentres que baixan no resto de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descendeu en 12 desde este luns e sitúase en 503, mentres que os pacientes curados aumentaron en 23 ata os 10.275. Con todo, deuse un contaxio máis na área sanitaria de Lugo, fronte a ralentización de casos do resto de Galicia.

Así consta nos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, nos que se reflicte que un paciente permanece en UCI --igual que o luns--, 15 atópanse noutras unidades de hospitalización --catro menos que hai 24 horas-- e 487 en seguimento domiciliario --oito menos--.

Do total de 503 casos activos, 192 corresponden á área de Vigo --un menos que o luns--; 112 á da Coruña --un menos--; 105 á de Santiago --dúas menos--; 37 á de Ourense --seis menos--; 31 á de Lugo --un máis--; 13 á de Pontevedra --tres menos-- e 13 á de Ferrol --os mesmos que a xornada pasada--.

Ata a data contabilizáronse 10.275 persoas curadas e 618 falecementos en Galicia, cifra que se mantén sen cambios desde o mércores pasado. Do total de persoas mortas con COVID na Comunidade galega, 274 están vinculadas con residencias.

Un sanitario protexido con luvas sostén unha mostra para realizar unha Análise PCR
Un sanitario protexido con luvas sostén unha mostra para realizar unha Análise PCR | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta