Denuncian o incumprimento de seguridade en numerosas pantallas entregadas a funcionarios de Xustiza

Alternativas da Xustiza-CUT sinala nunha nota de prensa que case 2.000 pantallas doadas á Xunta presentan deficiencias e acusan á Xunta de non exercer o seu labor de prevención de riscos laborais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/06/2020 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Alternativas da Xustiza (ADX) denuncia que un lote de pantallas protectoras contra o coronavirus repartidas entre funcionarios da administración de Xustiza, non son material homologado e que non cumpren cunha serie de medidas recollidas en protocolos de seguridade.

Pantalla de protección sen medidas de seguridade
Pantalla de protección sen medidas de seguridade | Fonte: ADX-CUT

ADX e os órganos da administración de Xustiza galegos, mantiveron unha reunión informativa o día 22 de maio. Durante o econtro falouse entre outros puntos da entrada en Fase 2 da desescalada e que se repartiran máis de 1.700 pantallas faciais de protección en todos os xulgados.  Así mesmo a reunión serviu para anunciar que a Xunta dispuña dunha doazón de 2.000 pantallas. Esas novas pantallas serían repartidas entre todos os traballadores de xustiza.

Non obstante, o sindicato denuncia que o material repartido non responde ás medidas e parámetros de seguridade obrigatorios para este tipo de accesorios. Así, preguntan como o Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL) da Xunta non revisou o material entregado por doazón.

Así, apuntan que “as pantallas deben ter boa calidade óptica, sen ondulacións ou franxas ademais de ser nítidas”. Tamén denuncian que o material empregado para a fabricación das mesmas non é policarbonato ou acetato de celulosa, mais “non material de papelería que non cumpre cos mínimos esixidos”. Tampouco se cumpre co establecido de non presentar esquinas cortantes ou cos 10 mm de altura da diadema que suxeita a pantalla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta