Goberno e Ciudadanos pactan reducir a 1,5 metros a distancia entre persoas

Buscan desta maneira aumentar a capacidade de espazos de reunión de xente.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 09/06/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Ciudadanos alcanzou un acordo co Goberno para incluír varias das súas achegas no real decreto lei que establece as normas a seguir unha vez termine o estado de alarma co fin de evitar rebrotes do coronavirus. Entre esas medidas está a de reducir de 2 a 1,5 metros a distancia mínima entre persoas, segundo indicou o portavoz adxunto de Cs no Congreso, Edmundo Bal.

Mulleres con máscaras de protección contra o coronavirus
Mulleres con máscaras de protección contra o coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Fontes do partido laranxa dixeron que esperan que, ao esixirse unha distancia menor, se poida aumentar a capacidade máxima permitida. Inicialmente, o borrador do decreto, cuxo contido foi adiantado por varios medios, fixaba en dous metros a distancia interpersoal que se debía manter en todos os espazos públicos para reducir o risco de contaxio.

A través dunha mensaxe e un breve vídeo en Twitter, Bal destacou que o decreto aprobado este martes polo Consello de Ministros representa "a primeira pata do plan B" que a formación laranxa esixía ao Executivo de Pedro Sánchez para "saír ordenadamente do estado de alarma".

"A medida inclúe as nosas achegas e é imprescindible para seguir loitando contra o coronavirus e reactivar a economía", afirmou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta