A Xunta habilita a posibilidade de impartir teleformación nos programas de contan co Bono Formación

O obxectivo é paliar os efectos da Covid e optimizar a empregabilidade das persoas traballadoras e desempregadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia habilita, a través da publicación este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), a posibilidade de que o Bono Formación se imparta na modalidade de teleformación para aquelas accións financiadas pola Consellería de Economía.

Esta posibilidade, que non se recollía nas bases que regulaban os incentivos á contratación por conta allea e formación, ofrécese agora como consecuencia da situación derivada da COVID-19 e co obxectivo de paliar os seus efectos e optimizar a empregabilidade das persoas traballadoras e desempregadas, contribuíndo así á mellora da competitividade dos diferentes sectores económicos de Galicia.

Entre as ordes de axudas que se poderán beneficiar desta modificación nas bases reguladoras destaca o programa Galicia Emprega e as súas diferentes liñas: Emprega Xuventude (destinada a persoas novas), Emprega Discapacidade (dirixida ás persoas máis vulnerables), Emprega Muller e o programa para estimular a contratación de parados de longa duración.

Todas estas axudas combinan os incentivos á contratación por conta allea con medidas de apoio para a mellora das capacidades das persoas traballadoras que se incorporan ao seu posto. As subvencións, cuxa solicitude está aberta ata o 30 de setembro, contan cun orzamento de 10,5 millóns de euros e poden chegar a máis de 2.900 persoas.

Para poder impartir o Bono Formación que estas axudas levan asociado na modalidade de teleformación será necesario contar cunha plataforma virtual de aprendizaxe que posibilite a interactividade, asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizada, seguimento continuo en tempo real e a avaliación de todo o proceso. Ademais, programaranse controis periódicos de aprendizaxe.

Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil
Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta