Críticas á Xunta por anular dous paquetes de axudas para o fomento do galego nas escolas

Os sindicatos lamenta a "falta de concreción" da Administración nunha xestión que pode resultar "lesiva" para os centros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Segundo adiantou a CIG-Ensino, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Xunta, vén de anular a convocatoria de dous paquetes de axudas pensados para fomentar o uso do galego en centros públicos e privados.

Aula do do colexio de Educación Infantil e Primaria 'Manuel Altolaguirre' de Málaga, na apertura do curso escolar. Álex Zea - Europa Press - Arquivo
Aula do do colexio de Educación Infantil e Primaria 'Manuel Altolaguirre' de Málaga, na apertura do curso escolar. Álex Zea - Europa Press - Arquivo

A cancelación, que se prevé irá recollida no DOG do xoves 11, foi xustificada pola Secretaría aludindo ó impacto da pandemia da COVID, que "tería impedido" a realización destes proxectos, segundo informan dende o sindicato.

A Confederación denuncia, porén, que os pagos vencellados a estas axudas comprenden meses anteriores á chegada da pandemia e o estado de alarma, xa que adoitan abranguer dende xaneiro a xuño.

Para este caso, a SXPL pide ós docentes que acheguen as facturas correspondentes ás oficinas da Secretaria, trámite que supoñerá un "problema de xestión" ós centros porque as facturas, sinalan, están a nome destes e a SXPL esixe figurar como pagadora. 

"FALTA DE CONCRECIÓN"

A este respecto, a CIG-Ensino demanda do órgano autonómico as medidas "menos lesivas" para o centro a nivel económico e burocrático. Á parte, esixen máis transparencia á Secretaría, á que acusan de "falta de concreción".

O sindicato lamenta, neste aspecto, que os centros aínda descoñecen se existirán limitacións orzamentarias para afrontar estes pagos, nos que van tamén incluídos os investimentos no fomento do galego realizados de xeito telemático durante a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta