Comezan os procesos de selección para 54 prazas con cincocentos aspirantes

O sistema consiste nunha oposición e posterior concurso para valorar a experiencia laboral e formación das persoas aspirantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

As listas provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para diferentes especialidades de seguridade e saúde laboral inclúen a un total de 501 aspirantes que optarán a cubrir as 54 prazas dispoñibles.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a relación de nomes, indica nun comunicado a Consellería de Facenda, que sinala que as listaxes de incluídos e excluídos pódense consultar no sitio web corporativo da Xunta, xunto co motivo de exclusión.

En concreto, están en marcha os procesos selectivos para 10 prazas para a escala superior de saúde laboral (subgrupo A1), para as que hai oito admitidos; 21 prazas na escala superior de seguridade e saúde no traballo (subgrupo A1) para as especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosociología aplicada, con 235 aspirantes aceptados.

Hai outras 16 persoas admitidas que optan a catro prazas para a escala técnica de saúde laboral (subgrupo A2) e 242 que aspiran a un dos 19 postos na escala técnica de seguridade e saúde no traballo e hixiene industrial. O sistema consiste nunha oposición e posterior concurso para valorar a experiencia laboral e formación das persoas aspirantes.

Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo
Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta