Baltar di que "o PSOE está contra dos autónomos" ao cuestionar a legalidade dunhas axudas

Ve unha cuestión "partidista" tras a revisión da Subdelegación do Goberno das achegas económicas aos afectados pola pandemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, considerou que "o PSOE de Ourense está en contra dos autónomos" ao cuestionar a legalidade das axudas directas a este colectivo a e pemes afectados pola COVID-19, a pesar de contar co informe "favorable do secretario xeral da institución provincial".

Así o manifestou este mércores durante unha comparecencia pública na que estivo acompañado polos tres vicepresidentes do Goberno provincial, Rosendo Fernández, Armando Ojea e Plácido Álvarez, para denunciar o "cinismo, dolo e aleivosía que parece ser inherente ao ADN da dirección provincial do PSOE en Ourense".

Baltar Blanco entende que "os socialistas realizan un exercicio de cinismo e tropelía política" porque "nin sequera citan que teñen no seu poder o informe do secretario xeral da institución provincial que avala a legalidade de todo o expediente e procedemento en relación coas axudas". "A pesar de coñecer este contido continúan coa súa dinámica crítica e móstranse en contra de miles de autónomos e pemes desta provincia afectados pola pandemia e que xa están a cobrar as axudas", continuou.

Baltar censurou que os socialistas non contemplen os autónomos, que serán "principais protagonistas da reactivación económica". "A nivel nacional, son os únicos que cuestionan as axudas directas a autónomos e pemes aprobadas por multitude de concellos e deputacións de España de todas as cores políticas", continuou.

REVISIÓN SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO

A Subdelegación do Goberno remitiu un requirimento á Deputación de Ourense para revisar a legalidade dos acordos adoptados en relación con esta liña de axudas, un feito "sen precedentes en ningún outro territorio nacional". Por este motivo, o presidente da Deputación de Ourense solicitou "un exercicio de transparencia" para dar a coñecer "quen está detrás da posta en marcha dese expediente de revisión".

Neste sentido, Baltar dixo que "teme o peor" ao crer que "pode existir unha razón política para pór en risco as axudas a autónomos e pemes da provincia, que ben merecen o apoio de todas as administracións". "Non existe ningún outro punto de España no que a Subdelegación do Goberno estea a cuestionar este tipo de axudas polo que poderiamos atoparnos ante unha utilización partidista da Subdelegación do Goberno, o cal suporía un feito gravísimo nunha democracia", manifestou Manuel Baltar.

Para Baltar, o feito de que isto puidese suceder en Ourense responde as "cuestións chocantes e ilóxicas" que caracterizan á dirección provincial do grupo socialista. Entre elas, que "o PSOE se abstivese da declaración de loito oficial da provincia ou que se situase en contra da postura da Federación Española de Municipios e Provincias, liderada por un alcalde socialista, para que o Goberno central non expolie economicamente as entidades locais".

En varios puntos da súa intervención, o presidente da Deputación de Ourense insistiu en que as súas palabras non teñen "nada en contra do PSOE, os seus militantes nin votantes, senón contra a deriva da dirección provincial".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta