Galicia En Común quere rebaixar a 15 o número de alumnos por aula en primaria e secundaria

O candidato Antón Gómez-Reino alerta sobre a negativa de Feijóo para contratar máis profesores, cousa que pode dificultra o distancia entre alumnos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O candidato de Galicia en Común - Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, comprometeuse a pór en marcha un novo programa de investimentos no sistema educativo que permita rebaixar a 15 o cociente de alumnos por aula en Primaria e Secundaria.

O candidato da coalición, que apostou por iniciar o próximo curso con programas específicos de reforzo para os alumnos con máis dificultades, criticou o rexeitamento do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á decisión do Goberno central de entregar ás comunidades ata 2.000 millóns para reforzar os seus sistemas educativos.

"É insólito que Feijóo sexa o único presidente autonómico que rexeita unha medida do Goberno que pretende fortalecer a educación pública no país", manifestou Gómez Reino, que defendeu que "contratar máis profesións e reducir o cociente" é a mellor forma de garantir que os estudantes teñen o apoio necesario para compensar os máis de tres meses de clases perdidas polo confinamento e a emerxencia sanitaria.

Ademais, o portavoz da colación alertou de que a "negativa de Feijóo" a empregar o diñeiro do Goberno para contratar a máis profesores e reducir o número de alumnos por aula pode dificultar o cumprimento das medidas de distanciamento necesarias para previr un rebrote da epidemia no outono.

"Xusto no outono, cando reabren os colexios ao comezo do curso escolar, é precisamente a época na que, segundo Feijóo, existe máis risco de que se produza unha reaparición da COVID-19", asegura Gómez Reino, que considera "de sentido común" que se reduza a densidade de alumnos nas aulas.

Gómez Reino, que tamén se comprometeu a garantir o acceso a Internet de alta velocidade a todos os estudantes galegos ao longo da próxima lexislatura, lembrou que a coalición xa propuxo á Xunta hai meses a posta marcha dun plan de adaptación á actividade docente para o próximo curso que tivese como basee criterios de seguridade sanitaria e a garantía de igualdade de oportunidades.

O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino. GEC
O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino. GEC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para empezar os 2.000 millóns haberá que repartilos entre 17 Comunidades Autónomas (?) No hipotético caso de que Galicia reciba 100 millóns a cantos profes poderás contratar (?) Eso para un curso... e o curso seguinte... (?)