A Xunta insiste en que os centros de día seguirán pechados e só abrirán para citas individualizadas e con cita previa

Destaca que hai que manter unha liña "prudente" con respecto á apertura destas instalacións, aínda que Feijóo dixo este mércores que quere poñer fin ao estado de alarma este luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Os centros de día galegos poderán prestar atención terapéutica individual e con cita previa aos seus usuarios. A medida poderase pór en marcha de forma inminente, pero aínda non se concretou o día, segundo fontes da Xunta, que indican que se mantén a actitude "prudente" con respecto á apertura destas instalacións. É a súa resposta as numerosas críticas recibidas por familiares e usuarios destes centros que piden que se poidan abrir xa.

A decisión trasladáronlla este mércores o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, a responsables do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) nunha videoconferencia.

A Xunta informou nun comunicado de que autoriza esta atención terapéutica individual, que se poderá prestar "garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias". O Goberno galego insistiu en que quere "ser prudente" con respecto á apertura dos centros de día, pero procura "dar unha resposta ás necesidades que poidan ter as persoas maiores ou con discapacidade e as súas familias".

O seu compromiso, agregou, é "facer todo o posible para normalizar progresivamente a situación" e xa está a traballar coas entidades para retomar o resto de actividades que ofrecen os centros de día, para o que se está ofrecendo formación específica a todo o persoal. Ademais, haberá unha subministración centralizada de equipos de protección a través da plataforma Clonegal e cada centro deberá contar cuns protocolos adaptados á súa situación específica.

Cando se cumpran estas condicións e a autoridade sanitaria dea a súa visto e prace, engadiu Política Social, os centros irán retomando a actividade de forma progresiva. A Xunta insistiu en que está "a extremar a prudencia e vixiando a evolución da pandemia", pero tamén traballa para ir recuperando os servizos sociais, que "son imprescindibles no día a día destas persoas".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa videoconferencia con representantes de Cermi. ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa videoconferencia con representantes de Cermi. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta