A Xunta liquida o fomento do galego en centros educativos responsabilizando á COVID-19

Segundo explicaron fontes do Executivo, ao non poderse levar a cabo, os centros tampouco terían capacidade de realizar a xustificación requirida na convocatoria pola recepción das contías.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

A paralización da actividade presencial pola irrupción da COVID-19 levou consigo todas as iniciativas que cada ano se realizan nos centros educativos, entre elas os proxectos de fomento de uso do galego.

Estas actividades realízanse ao amparo dunha convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística para centros públicos e privados. A orde publicouse en xaneiro deste ano e pechou en marzo o prazo de presentación de solicitudes, precisamente o mes o que se instauraron as restricións pola alerta sanitaria.

O Goberno galego optou finalmente por liquidar a convocatoria de proxectos para este ano argumentando que a maioría das accións previstas non se puideron desenvolver puideron desenvolver, ben por necesitar a presenza do alumnado ou depender dun calendario imposible de materializar nestas circunstancias.

Segundo explicaron fontes do Executivo, ao non poderse levar a cabo, os centros tampouco terían capacidade de realizar a xustificación requirida na convocatoria pola recepción das contías. Esta circunstancia extraordinaria levou á Xunta a deixar sen efecto o proceso.

En todo caso, o Goberno galego asumirá os gastos dos centros vinculados ao programa que se executaron ata o momento, tanto no período presencial como durante a formación a distancia, e que estean debidamente xustificados con facturas.

Política Lingüística terá en conta os proxectos presentados na próxima convocatoria, para o curso 2020-2021, coas adaptacións ou modificacións necesarias e que se presentarían a través dunha addenda.

A CIG PIDE EXPLICACIÓNS

Parte da comunidade educativa, con todo, trasladou a súa preocupación por esta decisión. A CIG-Ensino tivo constancia diso a través de mails remitidos aos centros, nos que se informaba de que a liquidación da convocatoria publicaríase no DOG do 11 de xuño (este xoves).

Neste sentido, considerou que a xustificación das facturas podería implicar un "problema de xestión para os centros", e pediu que se aclare se haberá "limitacións orzamentarias" para afrontar os posibles pagos.

Aulas
Aulas | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta