A Xunta destinará 18.000€ a unha consultoría privada para "optimizar a xestión da auga"

A adxudicación pretende "adaptar a xestión do ciclo da auga ós obxectivos da economía circular".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta destinará "case 18.000 euros" á empresa "Sogos Consulting" para "adaptar a xestión do ciclo da auga aos obxectivos da Estratexia Galega de Economía Circular".

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, durante a reunión mantida por videoconferencia co presidente da Fegamp, Alberto Varela, e representantes do  sector da construción e a arquitectura. CONCHI PAZ
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, durante a reunión mantida por videoconferencia co presidente da Fegamp, Alberto Varela, e representantes do sector da construción e a arquitectura. CONCHI PAZ | Fonte: XUNTA

A adxudicación, desenvolta a través de Augas de Galicia, contempla unha "optimización das redes de sumidoiros" e a "construcción de infraestruturas máis eficientes para o uso da auga", entre outros obxectivos. Á marxe, segundo informa a Consellería, a empresa adxudicataria -adicada a labores de consultoría e supervisión- ten como obxectivo "identificar" os sistemas de saneamento "máis antigos" para establecer neles "puntos de control".

Finalmente, segundo informan dende a Consellería, a consultoría deberá "identificar accións concretas" concretas para a reutilización da auga, tanto antes de ser vertida á rede de saneamento como unha vez que entra no sistema; e buscar accións para mellorar a xestión da auga subterránea, desde o punto de vista da calidade e da cantidade do recurso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta