Galicia en Común pide que o Goberno central garanta os 500 postos de traballo de Alcoa

O candidato da coalición tamén esixe a intervención da Xunta, e lembra a Feijóo que o Estatuto de Autonomía lle outorga competencia "plena" en materia de industria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, reclamou a intervención do Goberno central e da Xunta para "garantir" os postos de traballo na planta de Alcoa San Cibrao, en Cervo (Lugo), onde a multinacional do aluminio planea un despedimento colectivo de máis de 500 traballadores.

O tamén deputado de Unidas Podemos no Congreso mantivo este xoves unha reunión co comité de empresa da factoría, considerada "fundamental" para a comarca da Mariña e "o conxunto" de Galicia por parte de Gómez-Reino, que ademais lembrou que se trata da única planta que fabrica aluminio primario en todo o Estado.

O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, en rolda de prensa. EN COMÚN
O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, en rolda de prensa. EN COMÚN

BLINDAXE A "LONGO PRAZO"

O líder de Podemos Galicia  ve  "imprescindible" que o futuro da planta mariñá estea blindado "non só no inmediato, senón a medio e longo prazo". Neste sentido, o candidato apuntou á "sensibilidade" do Ministerio de Industria e asegurou que dende o Goberno central "estase a traballar no sentido de garantir os postos de traballo". 

No tocante á Xunta, Gómez-Reino instou ó Presidente a cumprir o artigo 30 do Estatuto de Autonomía, que lle confire "competencias absolutas" en materia industrial. "Feijóó é o mudo desta situación, leva anos sen facer nada polo tecido industrial do país e sen facer nada pola planta de Alcoa San Cibrao", incidiu.

Así as cousas, emprazou a actuar ao Executivo galego antes das eleccións autonómicas de xullo, para a continuación augurar que "a partir do 13 de xullo ten que haber un goberno galego de cambio" que dea resposta os problemas de Alcoa San Cibrao e o resto do sector industrial da comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta