Municipios e provincias piden un pacto nacional polo turismo

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, avogou por retomar o turismo, ofrecer seguridade sanitaria ao 100% e crear corredores sanitarios.

Por E.P. | MADRID | 11/06/2020 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, defendeu este xoves impulsar un pacto nacional polo turismo coa implicación directa das entidades locais e a participación das comunidades autónomas e todo o sector.

Durante a súa participación na Comisión Plenaria da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, que contou coa asistencia do Rei Felipe V e da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, o presidente da FEMP defendeu a idea de destino seguro e o uso das novas tecnoloxías para manter a expectativa da tempada turística. Ademais, instou a "non dar nada por perdido", asegurando que "pospor sempre é mellor que cancelar".

No marco deste encontro, Caballero avogou por retomar o turismo, ofrecer seguridade sanitaria ao 100%, crear corredores sanitarios e apostar por novas formas de facer turismo e de manter a calidade. Neste sentido, apelou á diversificación turística, desestacionalización e a utilización das novas tecnoloxías para levar adiante o proceso de desenvolvemento turístico.

Trátase, segundo asegurou, de cuestións moi relevantes para a Rede de Destinos Turísticos Intelixentes que conta con 200 destinos. "Estou seguro de que esta Rede se converterá nun elemento esencial para que o sector turístico español salga máis reforzado e que servirá de impulso para que as Entidades locais españolas adopten modelos de gobernación que melloren a calidade de vida tanto dos cidadáns como dos visitantes", remarcou.

Praia da Lanzada
Praia da Lanzada | Fonte: Turismo Rías Baixas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta