Pontevedra non autorizará fogueiras comunitarias de San Xoán

Desde o goberno local indicaron que esperaban unha posible comunicación da Xunta de Galicia sobre o protocolo a implantar no caso da celebración da noite de San Xoán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Do mesmo xeito que outros concellos de Galicia, Pontevedra decidiu que non autorizará este ano a celebración de fogueiras de San Xoán comunitarias que empreguen o espazo público xa que, aducen, non se poden garantir as medidas sanitarias e de seguridade nas mesmas.

Segundo informaron desde o Goberno local, algunhas asociacións xa se puxeron en contacto co concello, que prepara o bando, e mostráronse "comprensivas" con esta decisión ante "a excepcionalidade da situación".

En canto aos particulares, o concello manterá os protocolos de anos anteriores sobre a seguridade, pero tamén esixirá que se garantan as medidas sanitarias que determine a Xunta de Galicia, dado que o San Xoán se celebra despois do final do Estado de alarma. Neste momento, o máximo de concentración no ámbito privado é de 20 persoas.

Desde o goberno local indicaron que esperaban unha posible comunicación da Xunta de Galicia sobre o protocolo a implantar no caso da celebración da noite de San Xoán, pero, "ante a ausencia de noticias", acordouse esta solución.

Fogueiras San Xoán
Fogueiras San Xoán

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta