Detidas cinco persoas por 30 roubos con forza na comarca ourensá da Limia

Os sospeitosos fixéronse con obxectos por valor de 100.000€ extraídos principalmente de naves industriais e agrícolas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2020 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense detivo a cinco persoas de nacionalidade española como presuntas autoras de 30 roubos con forza na comarca ourensá da Limia, a maioría en naves industriais e agrícolas.

Efectos intervidos nun operativo con con cinco detidos por 30 roubos na comarca da Limia.. GARDA CIVIL
Efectos intervidos nun operativo con con cinco detidos por 30 roubos na comarca da Limia.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

O Instituto Armado indentificou ós sospeitosos como J.A.P.G., de 50 anos; J.F.L., de 24; B.P.C., de 54; R.F.G., de 34; e J.G.R., de 36 anos, todos detidos por ser os presuntos autores de varios delitos de roubo con forza cometidos na Limia nos últimos meses.

Segundo informaron a Garda Civil, a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, con apoio de unidades de Xinzo de Limia, a operación ''GiroOu" comezou cando a finais do ano pasado se tivo coñecemento dun incremento de roubos con forza en naves agrícolas e industriais na comarca da Limia.

Os autores, tras forzar as portas de entrada, substraían ferramentas e maquinaria, "causando importantes perdas económicas ás vítimas", indicou a Benemérita. O valor dos obxectos roubados sitúase nuns 100.000 euros.

ROUBOS EN 2018

Unha vez realizado "un minucioso estudo de todos estes roubos", sinalou a Garda Civil, os axentes centraron as súas pescudas en tratar de atopar o material roubado, obxectivo que foi completado nas últimas semanas. Posteriormente analizaron e o cotexaron con todas as denuncias presentadas, o que lles levou a pescudar que algúns obxectos pertencían a roubos cometidos en 2018 en instalacións do Concello de Xinzo de Limia.

Os detidos, unha vez pasaron por dependencias policiais, foron postos en liberdade. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia. Os investigadores continúan coa análise do material incautado, ante as sospeitas de que poida estar vinculado a máis roubos da comarca da Limia e limítrofes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta