Axuda a frenar os despidos dos sanitarios contratados na pandemia: "non podemos cometer o mesmo erro"

Lanzan unha petición de apoio na web change.org.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Centos de persoas apoian xa unha petición de Change.org que demanda deter os despidos dos sanitarios "en paro, xubilados ou coa carreira rematada" que se sumaron á loita contra o virus nas semanas máis duras da pandemia.

Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA
Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA | Fonte: UNIVERSIDADE DE VIGO

A petición chama a ter en conta "a vocación e solidariedade" dos profesionais máis alá dos aplausos ás 8 da trade. "Algunhas comunidades, coa baixada de ingresos, volven ás andadas e despídenos dunha patada", apunta o redactor da petición, dirixida ó Ministerio de Sanidade.

"Non podemos caer no mesmo erro de anos anteriores", recolle a petición, en alusión ás "pandemias que virán". "Se o coronavirus puxo algo en claro foi o nefasto que son os recortes en Sanidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta