Marea Galeguista acusa a Feijóo de preocuparse máis pola reapertura de bares que polas persoas maiores

A formación política ve como "irrisorias" as axudas "de apenas 500 euros" da Xunta ás familias de persoas usuarios para paliar o peche dos centros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2020 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O candidato á Presidencia da Xunta por Marea Galeguista, Pancho Casal, acusou ao titular do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, de estar "máis preocupado" polo fomento do turismo ou a reapertura de locais de lecer nocturno que polos usuarios de centros de día e as súas familias.

Nun comunicado emitido tras manter unha reunión coa Plataforma Galega de Centros de Día, que reclaman a reapertura destes servizos, Casal advertiu que a "deterioración" dos maiores "durante esta etapa de confinamento xa é unha realidade e a falta de actividade, terapias cognitivas, rehabilitación ou ejercitación da memoria seguirá causando estragos no seu estado e sobrecargando aos seus familiares facendo da conciliación unha tarefa imposible".

Por iso, reclamou á Xunta e, en concreto, á Consellería de Política Social que encabeza Fabiola García que proceda a reabrir estes centros para que os maiores poidan volver realizar " terapias que son esenciais para o seu desenvolvemento físico, psicolóxico e social" a través de actividades que "dificilmente poden ser suplidas por actuacións de asistencia a domicilio".

Así mesmo, tachou de "irrisorias" as axudas "de apenas 500 euros" da Xunta ás familias de persoas usuarios para paliar o peche dos centros. "Son notoriamente insuficientes, apenas cubrirían unha hora de atención ao día", apostilou Casal.

Ademais das actividades físicas e cognitivas de estimulación, a candidatura de coalición tamén lembra que nestes centros os maiores tamén socializan, un factor "moi importante para o bo funcionamento destas terapias".

"É incomprensible que as persoas maiores poidan ir votar ou a unha cafetaría pero non ao seu centro de día, onde se aplican todas as medidas de seguridade e hixiene, a recibir unhas terapias que son esencialespara o mantemento da súa calidade de vida", engadiu o coportavoz de En Marea e cabeza de lista de Marea Galeguista.

Pancho Casal EN MAREA  - Arquivo
Pancho Casal EN MAREA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Máis alá dos Centros de Día (abertos ou con cita previa) están os presos das Residencias que logo de 93 días encerrados ninguén quere siquera saber deles (?) Do mesmo xeito que nós pasamos 60 días presos... alguén debera tomar en serio o trato INHUMANO que lles estamos a aplicar aos nosos vellos ! Estado de Alarma e Protocolos Criminais !!! E agora todo quisque agardando que abra a discoteca, esta é a calidade democrática que temos (?)