Educación propón iniciar o curso o 10 de setembro

Convoca a mesa sectorial para o vindeiro martes, onde analizará cos sindicatos o calendario para o curso que vén.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/06/2020 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocou a mesa sectorial para o vindeiro martes, onde analizará cos sindicatos o calendario para o curso que vén.

Patio dun colexio pechado
Patio dun colexio pechado | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Á espera de hipotéticas modificacións, a proposta da Xunta é similar a outros anos: arrincar o curso o 10 de setembro, co alumnado de infantil, primaria e educación especial (o 16 para ESO, bacharelato e FP), e pechalo o 22 de xuño de 2021.

Os períodos de vacacións serían o de 'Nadal', entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro; 'Entroido', entre o 15 e o 17 de febreiro; e Semana Santa, entre o 27 de marzo e o 5 de abril.

Tampouco serían días lectivos as festas de ámbito estatal, os festivos da comunidade autónoma e o 7 de decembro, 'Día do Ensino'.

O borrador enviado aos sindicatos inclúe o calendario para os comedores escolares, que coincide coas datas de inicio do curso propostas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta