Temas: ESTAFA XULGADOS

Xulgados catro veciños de Ribeira que simularon a venda dunha leira cando o propietario estaba bébedo

Os dous acusados presentáronlle ao denunciante o contrato redactado, que estipulaba "como prezo de compra a cantidade de 90.000 euros".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2020 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgará o vindeiro mércores, día 17, a catro veciños de Ribeira que orquestraron supostamente unha estafa simulando a compra dunha leira a un coñecido, aproveitando que este se atopaba ebrio.

O escrito de acusación do fiscal, que pide tres anos e medio de cárcere para cada un dos acusados, recolle que os catro procesados eran coñecedores de que a vítima padece un problema "crónico" de alcoholismo, o cal aproveitaron para executar o seu "plan".

En concreto, segundo explica o ministerio público, dous dos acusados, matrimonio, presentáronse no domicilio da vítima sabendo que se atoparía en "estado de embriaguez" e alí "apremáronlle para asinar un contrato de compravenda dunha leira da súa propiedade" situada en Boiro, que adquirira por herdanza dos seus pais.

Os dous acusados, engade, presentáronlle ao denunciante o contrato redactado, que estipulaba "como prezo de compra a cantidade de 90.000 euros". Así mesmo, constaba que "os compradores entregan neste acto en billetes de curso legal", algo que non fixeron. Os acusados levaron tamén o título de propiedade da leira.

Fiscalía apunta que "os dous acusados carecían de capacidade económica para asumir a compra de tal inmoble, o cal nunca tiveron intención de pagar nin de habitar". Pola contra, considera que "esta acción obedecía a unha manobra fraudulenta, orquestrada de común e previo acordo" cos outros dous acusados, un primo político da vítima e o dono dunha inmobiliaria.

Postos de acordo, o catro redactaron 16 días despois do primeiro contrato, outro no que figuraba a vítima como vendedor, un dos acusados como comprador e o resto como testemuñas e no que aparecia como importe 5.000 euros, cantidade que tampouco foi entregada.

Con estas operacións, os acusados "'crearon' un título novo ao obxecto de conseguir a inmatriculación da leira no Rexistro da Propiedade a nome dunha terceira persoa, tras realizar un terceiro contrato de compravenda a favor da empresa 'Obra Nova Imaxe, S.L', domiciliada en Madrid, por 6.000 euros". Este último contrato foi elevado a escritura pública notarial o 3 de xaneiro de 2008.

O Ministerio Público, que considera os feitos constitutivos dun delito de estafa, lembra que a vítima está diagnosticado de alcoholismo crónico en grao grave, polo que "as súas facultades achaban alteradas no momento das firmas dos contratos".

Xulgados EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: ESTAFA XULGADOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta