A maioría dos servizos de transporte adaptado volven funcionar

Coa recuperación destes servizos amplíase o horario para facilitar que os desprazamentos se fagan cumprindo as medidas de seguridade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

A Xunta retoma a maioría dos traslados dos servizos de transporte adaptado para persoas con discapacidade, que quedaran limitados debido á crise sanitaria provocada polo coronavirus.

Segundo informou este sábado nunha nota de prensa a Consellería de Política Social, o transporte do 065 recuperará desde este mes a maioría dos servizos. Por mor da epidemia, nos meses de marzo, abril e maio acordouse restrinxir o funcionamento aos traslados cun fin unicamente sanitario ou por motivos de saúde.

Desde agora poderanse facer viaxes por servizos médicos, a centros asistenciais, os relacionados con programas de servizos sociais, para acudir a actividades educativas ou terapéuticas e para xestións administrativas.

Coa recuperación destes servizos amplíase o horario para facilitar que os desprazamentos se fagan cumprindo as medidas de seguridade.

Haberá que limparse as mans antes de entrar ao vehículo sempre que sexa posible e, se os usuarios e o persoal levan máscara, poderán ir dúas persoas por fila de asentos, coa máxima distancia posible. Se non se pode usar máscara, faranse os traslados que sexan necesarios para garantir a seguridade.

Parada de bus. EUROPA PRESS - Arquivo
Parada de bus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta