Piden cinco anos de cadea a tres veciños de Santiago por trucar os contaquilómetros de vehículos de segunda man

O escrito de Fiscalía recolle ata 13 casos nos que os vehículos vendidos polos acusados a particulares tiñan supostamente unha quilometraxe maior do que marcaban.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2020 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgará a próxima semana a tres veciños da comarca compostelá acusados de adulterar os cuentakilómetros de vehículos de segunda man para vendelos a un prezo superior. A vista está fixada para o xoves e o venres.

Segundo recolle o escrito fiscal, o tres acusados, con "con intención de lograr un enriquecemento indebido", adquiriron distintos vehículos a través dunha sociedade mercantil, así como a título privado, aos que, posteriormente, alteraron a quilometraxe para "vendelos a un prezo superior".

En concreto, o escrito de Fiscalía recolle ata 13 casos nos que os vehículos vendidos polos acusados a particulares tiñan supostamente unha quilometraxe maior do que marcaban. No entanto, só seis deles reclamaron xudicialmente.

Para o fiscal, os feitos son constitutivos dun delito continuado de estafa, polo que pide para cada un do procesados cinco anos de prisión, así como o pago dunha multa. A maiores, deberán indemnizar a cinco das vítimas con contías que van desde os 1.700 aos 6.200 euros polos prexuízos causados.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta