A primeira fin de semana con mobilidade interprovincial sáldase con 31 accidentes, menos que na anteiro fase

O 061 non tivo que lamentar ningún falecemento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 38 persoas debido a 31 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana en Galicia, o último do estado de alarma pola crise do coronavirus, no que a mobilidade xa estaba permitida por toda a Comunidade galega.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 12 de xuño e as 23,59 horas do domingo 14 un total de 42 chamadas en relación con accidentes de circulación. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado, con 13 sinistros de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas no 061 ascenderon a 36. En concreto, as ambulancias realizaron 35 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia nun sinistro. En 29 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasiones recibiron atención no lugar do incidente.

O 061 nun accidente en Lugo. GARDA CIVIL
O 061 nun accidente en Lugo. GARDA CIVIL

SINISTROS POR PROVINCIAS

A Coruña, con 13 accidentes de tráfico, foi a provincia con máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 12; Lugo, con catro; e Ourense, con dous.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta