Feijóo pon de modelo a súa xestión por ser o primeiro en entrar na "nova normalidade"

Di que o que pasa en Galicia servirá de "ensaio" para o resto do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este luns que o que vai vivir Galicia desde a saída do estado de alarma, que leva a súa entrada na nova normalidade, é "un ensaio" para o resto de España, que o fará a partir da medianoite do sábado 20 ao domingo 21 de xuño.

Durante a súa intervención inicial nos Encontros Dixitais de Europa Press, o presidente autonómico enviou unha mensaxe aos galegos no primeiro día tras o abandono da fase 3 da desescalada para "felicitalos polo esforzo colectivo" realizado desde que o 13 de marzo a Xunta decretou a alerta sanitaria e desde "as primeiras horas que entrou en vigor" o estado de alarma, o 15 de marzo.

Agora, tres meses máis tarde, dixo que abandonar este mecanismo constitucional extraordinario permite aos galegos "recuperar todos os dereitos constitucionais" como españois, polo que apelou ao 'sentidiño' e á responsabilidade tanto "individual" como "colectiva".

Desde este luns, lembrou Feijóo, Galicia comeza unha "apertura gradual" cara á normalidade, con aforamentos xerais ao 75 por cento e sen limitacións para as reunións nos interiores dos domicilios, dado que así o avalan os datos epidemiolóxicos que destacou: "Ata onte, Galicia é a comunidade autónoma con menos número de contaxios por cada 100.000 habitantes nos últimos 7 días e últimos 14 días".

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participa nos Encontros Dixitais de Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 15 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participa nos Encontros Dixitais de Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 15 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta