O choque dunha pomba contra a cantenaria é a causa da incidencia na estación de Santiago

O estalido, de pequena intensidade, non provocou feridos, pero obrigou a cortar a circulación da maioría de vías. 54 pasaxeiros tiveron que ser trasladados por estrada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Unha subida de tensión no cableado eléctrico provocou na mañá deste luns unha pequena explosión na estación de tren de Santiago de Compostela da que non resultaron persoas feridas pero que obrigou a cortar todas as vías a excepción da primeira.

Estación de tren de Santiago de Compostela
Estación de tren de Santiago de Compostela | Fonte: wikipedia.org

Así o sinalaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, que arredor das 9:45 horas recibiron o o aviso de varias persoas que escoitaran algo estourar nas proximidades da estación de tren. O 112 procedeu a poñerse en contacto con Adif, Bombeiros de Santiago, Policía Local e Policía Nacional, ademais de Protección Civil da localidade.

Segundo informou horas despois o Adif a Europa Press, o incidente foi provocado pola colisión dunha pomba contra a cantenaria, a liña eléctrica disposta sobre as líneas férreas e que serve de alimentación ós trens eléctricos.

54 PASAXEIROS

O peche parcial da circulación obrigou a un convoi eléctrico que servía a liña Vigo-A Coruña a deterse na estación, de xeito que os 54 pasaxeiros que ían a bordo tiveron que ser trasladados por estrada ó seu destino.

O Adif, informou de que  ningún tren máis se verá afectado ao longo da xornada porque o incidente tan só impide a circulación de convois eléctricos, e o resto do día tan só están previstos trens diésel.

O administrador ferroviario tamén apuntou a Europa Press que xa "están en execución todos os traballos de reparación para devolver a situación á normalidade no prazo máis breve posible". Finalmente, o persoal de ADIF rematou á primeira hora da tarde as reparacións da avaría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta