Galicia segue a súa lenta recuperación da COVID-19 con tres casos menos que o domingo

Os casos activos de COVID en Galicia baixan a 348 e as altas epidemiolóxicas alcanzan as 10.489.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/06/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Os casos activos de COVID-19 en Galicia baixaron ata os 348, tras rexistrarsa o alta epidemiolóxica de 3 persoas que estaban en seguimento domiciliario, polo que o número de curados ascende a 10.489, segundo os datos trasladados este luns pola Consellería de Sanidade.

Así, do total de casos, 140 correspóndense coa área sanitaria de Vigo, 108 coa área da Coruña, outros 34 coa área de Santiago, 26 son da área de Ourense, 20 da área de Lugo, 12 da área de Ferrol e 8 correspóndense coa área sanitaria de Pontevedra.

Por outra banda, hai 8 persoas con COVID que permanecen ingresadas en unidades convencionais de hospitalización (non hai casos activos en UCI), e hai 340 casos en seguimento domiciliario, tres menos que hai un día.

Con respecto ás persoas curadas, nas últimas horas rexistráronse esas tres altas epidemiolóxicas (unha na área da Coruña, outra en Lugo e outra en Ourense), polo que o total de altas ascende a 10.489. Así mesmo, Sanidade informou da realización doutros 778 test, e o total de PCR subiu ata as 159.102.

Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 619 persoas con COVID-19, e a última vítima foi notificada o pasado 10 de xuño: un home de 83 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total de falecidos, 274 persoas estaban vinculadas con residencias (delas, 132 morreron no propios centro xeriátricos), o que supón un 44,26 % do total de falecidos na comunidade.

Un sanitario protexido con luvas sostén unha mostra para realizar unha Análise PCR nun local de Deputación de Bizkaia, onde recollen mostras de traballadores funcionarios que deron positivo en Covid-19 ou estiveron en risco de dalo, en Bilbao
Un sanitario protexido con luvas sostén unha mostra para realizar unha Análise PCR nun local de Deputación de Bizkaia, onde recollen mostras de traballadores funcionarios que deron positivo en Covid-19 ou estiveron en risco de dalo, en Bilbao | Fonte: Biz. H.Bilbao - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta