O PPdeG outorga "un mellor comportamento económico" ás CCAA que superen antes de tempo cada fase

Pedro Puy cualificou de "boa noticia" a entrada de Galicia "no que se dá por chamar a nova normalidade", un período no que se vai a convivir "en compañía do virus".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, destacou que datos de consumo reflicten que aquelas comunidades autónomas que "superan antes cada fase" da desescalada teñen un mellor comportamento económico.

Pedro Puy citou este luns datos dados a coñecer polo director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago, sobre o consumo para sinalar que a comunidade galega "é das que mellor está a recuperar o gasto" polo que "previsiblemente", aínda que a caída do PIB "será grade", será "menor".

Todo iso nunha rolda de prensa na que cualificou de "boa noticia" a entrada de Galicia "no que se dá por chamar a nova normalidade", un período no que se vai a convivir "en compañía do virus" e "tomando todas as precaucións para que non volva producirse un brote" que faga retroceder no avanzado.

"Entramos nesta etapa, á espera de que haxa unha vacina ou un remedio, porque Galicia conta cun sistema de prevención e de rastrexo que as autoridades estatais consideran que é suficiente para atender a posibles rebrotes", sostivo Pedro Puy, que apelou á "responsabilidade" mentres non haxa tratamento efectivo.

Con todo, subliñou que o combate da pandemia estaría "máis reforzado" se España contase cun plan de rebrote nacional. "O Estado mantén as competencias en saúde pública e, por tanto, ten a principal competencia neste tipo de crise pandémicas polo que, o lóxico, é que estableza protocolos que todas as comunidades autónomas poidan seguir", manifestou.

TRABALLAR POLA RECUPERACIÓN

Neste contexto e coa entrada de Galicia na nova normalidade, o portavoz parlamentario do PPdeG avogou por traballar pola recuperación económica das familias e empresas e destacou a "boa posición" na que se atopaba a comunidade galega antes da pandemia en cuestións como o emprego ou a débeda.

"Dános credibilidade e moita máis marxe que aquelas comunidades autónomas que incrementar o seu déficit de forma exponencial", sostivo Pedro Puy.

Neste punto, puxo en valor o plan de reactivación aprobado pola Xunta cunha achega de máis de 1.741 millóns de euros públicos que se van a centrar nas prioridades para a recuperación como son fomentar o emprego e a formación, garantir a solvencia das empresas e dinamizar sectores tractores e servizos públicos.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa este luns, a primeira presencial e telemática no covid-19. PPDEG
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa este luns, a primeira presencial e telemática no covid-19. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta