G. Caballero traslada o seu compromiso coa Costa da Morte, "esquecida nos 11 anos de Feijóo"

O candidato sostivo que as eleccións de 2019 marcaron a "antesala" dun poder socialista que agora "quere marcar unha etapa de progreso á fronte da Xunta".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG e candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, trasladou o seu compromiso coa Costa da Morte, unha comarca de "referencia" que foi "esquecida nos 11 anos de goberno de Feijóo".

Nunha visita a Muxia e acompañado por varios rexedores da zona, o xefe de filas dos socialista galegos lembrou que a Autovía da Costa da Morte "quedou a medio facer" e que hai "déficit" en distintos ámbitos como a educación ou a sanidade.

"Nós imos cumprir coa Costa da Morte", manifestou antes de "agradecer a todos os alcaldes e alcaldesas a súa magnífica tarefa para defender os intereses dos veciños en momentos de tanta complicación".

Gonzalo Caballero, que asegurou que os rexedores desta zona son un "orgullo" para todos os socialistas, comprometeuse a cumprir nos próximos catro coas demandas que estes teñan para estes municipios. "Traballaremos cos alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte para darlle aos veciños os mesmos dereitos que require calquera outro veciño de Galicia", manifestou.

Todo iso nunha intervención na que asegurou que os mellores rexedores que hai en Galicia son os socialistas e sostivo que as eleccións de 2019 marcaron a "antesala" dun poder socialista que agora "quere marcar unha etapa de progreso á fronte da Xunta".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E xa abriron o Parador de Muxía ou aínda están pensando se será mellor deixalo para cando gobernen Gonzalito e Pontón (?)