O Goberno central estima que o ingreso mínimo vital beneficiará a uns 39.500 fogares en Galicia

A presentación de solicitudes desta prestación pode realizarse a través da web da Seguridade Social.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2020 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, estimou este martes que serán 39.500 os fogares galegos que poderán beneficiarse do ingreso mínimo vital posto en marcha polo Executivo central.

Así o dixo durante unha visita á Dirección Provincial da Coruña do Instituto Nacional da Seguridade Social, onde estivo acompañado pola subdelegada, Pilar López-Rioboo, e a directora provincial do INSS, María Paz Gómez.

Na visita, os responsables supervisaron o inicio do prazo para a presentación de solicitudes desta prestación, que por agora debe realizarse a través da web da Seguridade Social. Mentres tanto, están a asinarse convenios para que se poida tramitar nos concellos e está previsto que a Seguridade Social tamén permita a tramitación presencial cando reabran as súas oficinas.

Segundo explicou Javier Losada, as primeiras estimacións fixan en 39.500 fogares de Galicia que poderían beneficiarse do ingreso mínimo vital. Así mesmo, explicou, mentres non chegan as solicitudes, a Seguridade Social xa está a reconverter de oficio os casos de familias monoparentais e biparentales con fillos a cargo, que son uns 4.000 en Galicia. Ademais, existen outros 3.000 pendentes de completar documentación, polo que esta actuación de oficio podería alcanzar os 7.000 fogares na Comunidade, que xa percibirían a prestación este mesmo mes de xuño.

O delegado do Goberno informou de que o ingreso mínimo vital ten como beneficiarias a aquelas persoas de entre 23 e 65 anos (salvo que teñan fillos a cargo) que estean en situación de vulnerabilidade económica. En función das circunstancias concretas de cada fogar, garántense uns ingresos de entre 5.500 e 12.000 euros ao ano (entre 460 e 1.000 euros ao mes). Ademais, está acompañado por un itinerario de inserción laboral.

Cantidades do Ingreso Mínimo Vital (IMV) aprobado polo Goberno. EPDATA
Cantidades do Ingreso Mínimo Vital (IMV) aprobado polo Goberno. EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta