O Colexio de Xornalistas pide rematar co "mercadeo" de subvencións a medios

Demandan a posta en marcha dunha autoridade audiovisual independente que garanta a independencia da CRTVG.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O Colexio de Xornalistas de Galicia demanda o "compromiso público" dos partidos galegos para rematar cos principais problemas da profesión no noso territorio. Nunha carta remitida ás organizacións que concorrerán á cita electoral do 12J, o Colexio esixe un compromiso para rematar coa "perversa complicidade" entre medios e poder que resta dereitos á cidadanía e credibilidade ás cabeceiras do sector.

Viñeta de humor sobre as subvencións a La voz
Viñeta de humor sobre as subvencións a La voz | Fonte: BNG

A misiva do Colexio inclúe peticións que "lamentablemente" xa foron incluídas en convocatorias electorais anteriores sen atopar resposta algunha das principais formacións, indican. Un dos principais focos de esixencia desenvólvese arredor do papel da CRTVG, no punto de mira ao longo das últimas semanas pola presunta  filtración do vídeo "en off" da ministra de Igualdade Irene Montero.

Neste aspecto, o Colexio de Xornalistas demanda a conformación dun estatuto profesional e un consello de informativos que garantan a "desgobernamentalización" da corporación fronte ás presións dos gobernos autonómicos. Na mesma liña, esixen a posta en marcha dunha autoridade audiovisual independente que vele contra o control institucional xa denunciado polos profesionais do medio na campaña dos venres negros.

REMATAR CO "MERCADEO"

A outra grande demanda do Colexio para por "obxectivar" as concesións de axudas públicas para rematar co "mercadeo" de subvencións que limitan a independencia e diversidade do marco mediático galego. Só no ano pasado, a Xunta inxectou case 2 millóns de euros en axudas directas que foron parar, sobre todo, ó Grupo Voz, matriz de La Voz de Galicia, que recibiu 876.600€ por parte da Secretaría Xeral de Medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ben falado pero todos estamos implicados nesta pandemia do control social da información (?) https://i.gal/gamela20