Gonzalo Caballero comprométese a crear 2.000 novas prazas públicas en residencias de maiores na próxima lexislatura

O candidato socialista volver pór en valor a xestión do Goberno central na crise da Covid-19.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/06/2020 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG e candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse a crear 2.000 novas prazas públicas en residencias de maiores na próxima lexislatura en Galicia, todas elas no marco dun plan que permita aumentar as existentes en 10.000 nun prazo de 10 anos.

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: PSdeG.

"Queremos gobernar Galicia para construír un escudo protector para a cidadanía galega ante unha crise económica de enorme calado", manifestou o líder do PSdeG este martes nun encontro mantido coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na cidade herculina.

Gonzalo Caballero subliñou o "compromiso claro" do Partido Socialista coas políticas sociais. "Un goberno progresista á fronte da Xunta manterá un compromiso cos servizos públicos que permita corrixir os erros do modelo privatizador da Xunta nas residencias por parte do Partido Popular ao longo destes 11 anos", sostivo.

O candidato socialista, que volveu a pór en valor a xestión tanto do Goberno socialista da crise como dos concellos gobernados polo PSOE, como o da Coruña, sinalou que o PSdeG é a "garantía" para que o "escudo protector" chegue a todos os galegos.

"Pedímoslle aos galegos que apoiaron o Partido Socialista e o progreso ao longo das distintas eleccións de 2019 que se comprometan para abrir unha etapa de futuro en Galicia a partir do 12 de xullo", sinalou Caballero, que destacou que, nesa data, Galicia "xógase se mantén as políticas de recortes e retrocesos ou se abre unha etapa de progreso liderada por PSdeG".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

De momento que lle merque lixivia ao seu tío Abel Caballero... que seica non ten nin para limpar os parques dos nenos (?) https://twitter.com/00Gamela/status...