O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, de CCOO, di que a CIG está "en permanente acoso" contra el

Javier Galán acusa o sindicato nacionalista de tratar de crear sempre "lume" e querer "debilitar" o seu sindicato

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/06/2020 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Javier Galán (CC.OO.), acusou á sección da CIG no estaleiro público de aplicar "unha estratexia clara, como é o acoso e derriba" cara á súa persoa e o seu sindicato despois das eleccións sindicais.

Javier Galán, presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol.
Javier Galán, presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol.

Galán pronunciou estas palabras no mediodía deste martes acompañado de varios dos seus compañeiros na sede do seu sindicato para responder á CIG, que hai días solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario e urxente, ademais de demandar a dimisión do presidente do comité por "actuar por libre" en interlocucións coa empresa e manifestacións públicas.

O presidente do comité de empresa estima que estas acusacións son "froito dunha trama para tentar debilitar" dirixidas á súa persoa que, como lembrou, abandonará a empresa dentro de seis meses como parte do expediente de prexubilacións.

"No fondo talvez o obxectivo é tratar de debilitar o sindicato maioritario, que expón propostas. Queremos negociar e cando estas non van para adiante, tamén propomos mobilizacións, mentres que hai outros que ao único que se dedican, como neste caso a CIG, é a crear lume", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta