Temas: POBREZA XUNTA

O 'cartón moedeiro' da Xunta poderá solicitarse a partir deste mes

O cálculo da Xunta é que podería chegar a unhas 30.000 persoas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2020 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O chamado 'cartón moedeiro' da Xunta, destinada a atender a compra de alimentos, produtos de hixiene e necesidades básicas das familias máis vulnerables, poderá solicitarse a partir deste mes, e o Goberno galego pediu a colaboración das entidades de inclusión social para difundir esta medida e outra serie de iniciativas neste sentido.

As conselleiras Fabiola García e Ángeles Vázquez
As conselleiras Fabiola García e Ángeles Vázquez | Fonte: Conchi Paz.

Así llo trasladou a conselleira de Política Social, Fabiola García, e a titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante un encontro con diversos portavoces destes colectivos.

Fabiola García pediu o apoio a estas entidades para difundir esta medida entre os seus destinatarios. O cálculo da Xunta é que podería chegar a unhas 30.000 persoas.

Ademais desta iniciativa, referiuse aos menús solidarios para persoas con baixos recursos e a ampliación doutros servizos como 'Xantar na casa'.

Vázquez, pola súa banda, explicou os catro programas de axuda ao pago de vivenda, para evitar a perda do fogar, que contarían con preto de 8.000 beneficiarios, cun orzamento duns 20 millóns de euros.

En concreto, as axudas ao aluguer para persoas en situación vulnerable debido á COVID-19, as axudas ao aluguer, o bono de Aluguer Social ou o destinado a vítimas de violencia machista.

Temas: POBREZA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta