O Concello da Coruña non permitirá fogueiras en espazos públicos en San Xoán nin música en vivo

Si se autorizarán sardiñadas e churrascadas previa comunicación dos locais de hostalaría.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 16/06/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña non permitirá as fogueiras nos espazos públicos, a música en vivo, o corte de vías públicas nin o acceso ás praias da cidade. Si se autorizarán sardiñadas e churrascadas previa comunicación dos locais de hostalaría.

San Xoán.
San Xoán.

Así o informou a alcaldesa, Inés Rey, a representantes de asociacións veciñais e de hostalaría da cidade nunha reunión para trasladarlles as decisións do goberno municipal en relación coa celebración desta festa.

A rexedora lembrou os anuncios que xa se fixeron públicos como o peche das praias desde aproxidamente as nove da noite do día 23 e a prohibición de facer fogueiras non só nos areais, senón tamén en todo o termo municipal.

Ademais de insistir na necesidade de asumir que este ano o San Xoán será diferente, apelou á responsabilidade individual e colectiva para evitar condutas que poñan en risco a saúde da veciñanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta