Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020
Vivo desde o 2009 neste lugar do Concello de Mugardos chamado A Redonda nas proximidades do Castelo da Palma. Desde a miña chegada, reclamei no Concello que puxeran un contedor para recoller o lixo, xa que había unha vía para iso. Os veciños (case todos de avanzada idade) tiñan que desprazarse a un contedor que se encontraba bastante lonxe.
Ante os meus argumentos, concedéronme o solicitado e pasaron a recoller o lixo luns, mércores e venres. Ao cabo do tempo baixaron recollelo lunes e sábado. Nese tempo estiven reclamando os servicios deficientes e a continuación comprobei como deixaban algúns días a tapa aberta, e cheguei á conclusión de que o facían cando chovía ou se esperaba choiva. Púxeno en coñecemento e fixeron caso, pero aos poucos días volvían ás andadas. A última vez que o reclamei foi o pasado sábado ao Alcalde e díxome que el dera as ordes de deixar as tapas cerradas. Eu repondín que está claro que ese é un problema que ten que resolver el, non eu.
Este contedor que está ao lado da miña casa leva sen limpar como 8 anos, a última vez que o reclamei (ao inicio da pandemia) díxome que xa o estaban xestionando.
Manuel, veciño de Mugardos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.