A alcaldesa da Coruña defende que o proxecto dos Cantóns é "estritamente municipal" tras a súa reprobación

A Xunta Electoral considerou, tras unha denuncia da Marea Atlántica, que a presentación do proxecto supuxo "un acto tendente á captación do voto".

Por E.P. | A CORUÑA | 17/06/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu que o proxecto de remodelación dos Cantóns é "estritamente municipal" tras a reprobación da Xunta Electoral de Zona por presentar o plan en período preelectoral, aínda que precisou que "acata e respecta" a decisión.

A rexedora afirmou, en declaracións a medios de comunicación coincidindo coa súa presenza na inauguración dunha exposición sobre o Real Club Deportivo, que o proxecto urbanístico para a zona centro da cidade "era coñecido" e "xa estaba anunciado".

Por iso, expuxo que o Concello presentou alegacións ante a Xunta Electoral de Zona que, admitiu, foron desestimadas. Rey insistiu, ademais, en que "sempre" respecta as decisións dos xuíces.

A Xunta Electoral de Zona reprobou ao goberno municipal da Coruña por presentar o proxecto de remodelación dos Cantóns ao entender que excede dunha "información puntual e electoralmente aséptica".

Tras unha denuncia presentada por Marea Atlántica, a Xunta Electoral considerou que a presentación do proxecto supuxo "un acto tendente á captación do voto". "Non é unha obra de inminente execución", apuntou, aludindo aos prazos barallados para a súa posta en marcha.

Ademais, sostivo que a actividade realizada desde o grupo de goberno a este respecto "excede dunha información puntual e electoralmente aséptica, facéndose un extenso alarde de virtudes do proxecto/iniciativa/ estudo previo e con claro protagonismo da señora alcaldesa, que é unha persoa significada nun partido concorrente ao proceso electoral" do 12 de xullo.

A alcaldesa da Coruña,    Inés Rei,  na presentación do proxecto de remodelación dos Cantóns. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, na presentación do proxecto de remodelación dos Cantóns. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta