O CIS debuxa unha nova maioría de Feijóo cunha esquerda moi fragmentada

PSdeG e BNG compiten pola segudna posición. A nivel estatal, o PSOE melloría os resultados das eleccións do pasado ano, igual que Ciudadanos. Baixaríab o PP, Vox e Unidas Podemos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

O PPdeG manteríase como primeira forza en Galicia e gañaría as eleccións do próximo 12 de xullo, segundo os datos do Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de xuño, que sitúan ao Partido Socialista de Galicia como segunda forza pero a un punto do Bloque Nacionalista Galego.

Barometro de xuño do CIS. EPDATA
Barometro de xuño do CIS. EPDATA

En concreto, a formación liderada Alberto Núñez Feijóo obtería o 38,7 por cento dos apoios no apartado de voto e simpatía, un resultado que duplica á segunda forza pero que é inferior ao que o PPdeG obtivo nas eleccións autonómicas de 2016, cando se fixo co 47,53%.

Con estes datos, os populares duplican os apoios do seguinte partido na lista, o PSdeG-PSOE, que recibiría o 18,6 por cento dos sufraxios, a escasa distancia do BNG (o 17,6%). Este escenario deixaría aberta a posibilidade dun posible 'sorpasso' dos nacionalistas aos socialistas.

Pola súa banda, Galicia En Común-Anova-Mareas só lograría o 4% e quedaría como terceira forza, mentres que o apoio a Vox e Cidadáns situaríase no 0,6 e o 0,5 por cento, respectivamente.

Aínda que no apartado de resposta espontánea o PP mantense como o que máis apoio rexistra, cun 34,7% dos enquisados; o BNG sitúase como segunda formación con máis respaldo, ao alcanzar un 14,8. Por detrás queda o PSdeG, cun 14,1%; mentres que Galicia en Común só chega ao 2,5%.

Valoración líderes políticos
Valoración líderes políticos

VALORACIÓNS

O candidato máis valorado, segundo o barómetro, é o propio Feijóo, que alcanza un 6,1; mentres que a líder do Bloque, Ana Pontón, é a segunda que máis puntuación obtén, cun 5. O popular e a nacionalista son os dous únicos aspirantes que obteñen o aprobado.

En terceiro lugar sitúase o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, quen rexistra un 4,9 e queda moi preto da valoración de Pontón. Pola súa banda, o aspirante de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, alcanza un 3,9; tres décimas máis que a aspirante de Cidadáns en Galicia, Beatriz Piñeiro.

Do total de enquisados, un 53,1% asegura que prefire a Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, a moita distancia do segundo aspirante máis valorado, como é o caso da Ana Pontón, á que asegura preferir como presidenta un 12,5%; mentres que un 12,3% opta por Gonzalo Caballero. Por detrás queda Gómez Reino cun 1,4%.

REACCIÓNS

Preguntado sobre os resultados do barómetro, Feijóo respondeu que non a coñecía con detalle e mostrouse sorprendido de que "o señor Tezanos (José Félix Tezanos) déalle algunha oportunidade ao PPdeG de gañar". "Sería a primeira vez en toda a serie histórica desde que é presidente do CIS (...) sería un best seller na demoscopia do señor Tezanos", ironizou.

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, valorou este mércores, tras coñecer o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que sitúa aos nacionalistas como terceira forza a só un punto do PSdeG, que o BNG "é a forza que está a ilusionar aos galegos e galegas".

Ademais, o candidato da coalición Galicia En Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, cre que a enquisa reflicte que "hai partido" nas eleccións autonómicas de cara a conseguir "un cambio" na Xunta que dependerá da "mobilización" do electorado descontento co rumbo da comunidade e as políticas "de recortes" de Alberto Núñez Feijóo. "O que indican os datos é que a partida está aberta agora mesmo e que, claramente, como estamos a dicir e din moitas enquisas, o goberno vaise xogar nunha marxe de votos moi pequeno", sentenciou o tamén deputado de Unidas Podemos.

Como realizou en varias ocasións ao longo das últimas semanas, Gómez-Reino volveu lanzar unha chiscadela aos líderes de PSdeG, Gonzalo Caballero, e BNG, Ana Pontón, cos que di querer compartir un Consello da Xunta nun "goberno de cambio" para o que "dan os números".

Por último, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, valorou que os datos evidencian que en "Galicia hai unha maioría progresista que levaría un cambio político". "As forzas da esquerda suman máis que as da dereita e, por tanto, cremos que estamos na liña de marcar un novo tempo político", expresou o líder socialista. Neste contexto, tamén manifestou que as 802 enquisas realizadas polo CIS din que o PSdeG é o partido "con maior nivel de simpatía de todas as forzas políticas de Galicia, por encima do PPdeG".

DATOS ESTATAIS

Pola contra, o estudo  mantén a tendencia xeral das eleccións de Novembro do 2019 a nivel estatal con pequenas variacións en cada un dos bloques de partidos, entre as que destacan as subas de PSOE e Ciudadanos e a caída de Vox.

O PSOE sae fortalecido da pandemia, segundo o estudo, que o sitúa máis de 3 puntos porcentuais por riba dos comincios de novembro. Non corre a mesma sorte a formación morada, á que lle pasa factura o goberno en coalición: Podemos cae case un punto e medio con respecto ás eleccións anteriores

CIUDADANOS REXORDE

Na dereita, a tendencia apunta a un maior equilibrio de forzas que se salda co desinflamento de Vox, máis de 2'5 puntos por debaixo. A formación de Abascal seguiría a ser, con todo, a terceira forza no Congreso. O gran beneficiado do esborrallamento da formación verde -e da tímida erosión do PP, que perde case un punto- é Ciudadanos, que rexorde logo do brutal descenso de novembro ata situarse preto dos 10 puntos. 

CAÍDA DOS NACIONALISTAS

A formación agora liderada por Inés Arrimadas quedaría, con todo, no quinto posto da política española. Si ampliaría, porén, a distancia gardada co seguinte na táboa, ERC, que se deixa un punto nos últimos 7 meses. A freada dos republicanos encádrase na tónica descendente que domina o panorama dos partidos nacionalistas, xa que tamén CUP e EH Bildu perderían apoios. Só o BNG se salva do declive, que crece nunha décima ata situarse no 0'6%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 nostrus

O bloque é un partido tan maltratado constantemente nas eleccions que calquer subida por moi pírrica que sexa lle parece un éxito. Si o bloque algun dia cae do guindo ou desperta da pedrada e se decata da verdadeira realidade e identidade de Galicia podería empezar a ter algo de éxito. Galicia é diversa e bilingüe, esa é a verdadeira identidade e o resto é unha identidade ficticia e postiza que non leva a ningunha parte. O bloque non é un partido serio, só é unha secta maniática, desorientada no espacio e no tempo igual que un calendario caducado.

2 nostrus

Lo unico positivo que sacamos de esta noticia es el aumento de Ciudadanos. Y digo positivo porque con C´s los naciotas no teneis nada que temer, podeis hablar la lengua que os de la gana y hacer de vustra vida lo que os de la gana. En cambio mala señal es el aumento del bloque, que como tenga suficiente fuerza se dedicará a entrometerse en la vida de la gente como buen taliban de la lengua y la cultura. Peor aún es que el PSOE necesite de ellos. Nos queda como única defensa la proteccion que nos brinda la Constitucion que nos otorga el derecho a no hacerle caso. Hacedme caso y votad a C´s, que aunque cometió la torpeza de meterse en el terreno del PP, es el partido con mas sensated y con el que podemos caber todos.

1 Charly

A algúns cústavos moito aceptar que o artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia di que "a língua propia de Galicia é o galego". O Estatuto aprobouse en 1981, xa choveu, deberiades ilo asumindo.

2 Nostra

Nostrus, posto a escribir en castelán, por favor, escribe sen faltas de ortografía. Hai escolas de noite abertas, só hai que querer... ánimo campión.

3 Sentidiño

tenéis, podéis, dé, talibán, protección, Prostitución (perdón: Constitución), sensateZZZZZZZZ, en el que (non "con el que"). De nada.

4 nostrus

Parvadas vosas porque non atopades argumentos para rebatir e olicades no que non ven ao caso. Moitos de vos escribides de corrido sin puntos nin comas e mais non dicides nada. Eu fagoo e moitas veces non me paro aos acentos nin revisar a ortografia. De feito na miña época de estudante non existia o galego nin como asignatura e seguro que o fago mellor que moitos de vos que tedes ao galego como relixión. Son quen me río de vos polo raquítico do voso argumentario.

5 Casilda

Nostrus, na túa ignorancia co castelán non uses o galego como a patética disculpa. Defendes un modelo fracasado: es unha prova do adoutrinamento supremacista do español no fascismo nas escolas de Franco e que nin a língua do colonizador dominas!!!

1 Voto inútil

O que non sorprende é que Gómez non soltase o escaniño en Madrid. Chámalle parvo.

1 Bernal Calvo Delaciga

O que non sorprende é que Pontón leve de deputada desde 2004. De Paliza Boba ao Parlamentiño, sen traballar.

2 Bernal Calvo Decomisiones

E traballando como deputada, non como os vosos, que moi pouquichiño fan. Aínda si creo que é menos do que levan liberados en postiños Pablemos ou Yolanda.

3 Siquesí

Tanto "Bernal" como "voto inútil", facéndolle o caldo a feijóo, de don alberto nadiña falades, dous caladiños máis? País de resentidos, cara llo

4 Sentidiño

Estar na política toda a vida é propio de inútiles e de aproveitados. A proba: Olof Palme.