Os órganos xudiciais galegos notificaron máis de oito mil resolucións nunha semana

Ademais, case dez mil novos asuntos foron recollidos en todos os órganos de xustiza en Galicia durante a semana pasada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Os órganos xudiciais galegos recibiron a semana pasada, entre o 8 e o 14 de xuño, 9.798 novos asuntos e notificaron algo máis de 8.000 resolucións.

En concreto, segundo a información proporcionada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, 262 destes asuntos recibíronse no propio TSXG, 418 nas audiencias provinciais, 6.173 nos xulgados das cidades e 2.945 nos xulgados do resto de municipios.

No Superior, a Sala do Contencioso-administrativo é a que maior número de escritos iniciadores de procedementos recibiu (196), mentres que A Coruña (1.563) e Vigo (1.508) foron as urbes da comunidade que máis casos comezaron. Os xulgados de Primeira Instancia foron os que maior número de asuntos recibiron en todas as cidades.

No mesmo período, en Galicia notificáronse un total de 8.009 resolucións que pon fin a procedementos, das que 4.627 foron providencias; 1.015 sentenzas; e 2.367 autos e decretos, así como outras resolucións finais.

O TSXG efectuou 484 comunicacións e as audiencias provinciais, 591. Nas cidades, A Coruña, con 1.211, é a que máis notificacións realizou, seguida de Vigo (1.021), Santiago e Pontevedra (720 cada unha), Lugo (579), Ourense (509) e Ferrol (318). En total, as sete urbes comunicaron 5.078 resolucións, fronte ás 1.856 dos xulgados mixtos situados no resto de partidos xudiciais.

O TSXG lembrou que os prazos procesuais, suspendidos polo Ministerio de Xustiza o 14 de marzo debido á crise sanitaria da COVID-19, foron alzados o pasado 4 de xuño.

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta