Ana Pontón di que "as enquisas hai que miralas con moitra precaución"

A portavoz nacional do BNG lembrou que "quedan moitos días" de campaña electoral e mostrouse "convencida" de que "toda esa simpatía vai seguir crecendo".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/06/2020 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, valorou este mércores, tras coñecer o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que sitúa aos nacionalistas como terceira forza a só un punto do PSdeG, que o BNG "é a forza que está a ilusionar aos galegos e galegas".

Así o manifestou a preguntas dos medios, antes de participar nun xantar-coloquio con empresarios en Vigo, e sinalou que "as enquisas hai que velas con moitísima precaución" porque "o que vale é o resultado que decidan os galegos" nas urnas o próximo 12 de xullo.

No entanto, apuntou que o barómetro de opinión do CIS "di que hai posibilidade de que se abra un cambio político" en Galicia e "que a forza que está a ilusionar aos galegos e galegas que queren construír unha Galicia diferente, con futuro, que confíe en si mesma", é o BNG.

En todo caso, Ana Pontón lembrou que "quedan moitos días" de campaña electoral e mostrouse "convencida" de que "toda esa simpatía vai seguir crecendo". "O 12 de xullo imos ter a oportunidade de abrir un tempo novo no país, e situarnos na dirección para ter esperanza e non seguir coa política en branco e negro que representa o PP", concluíu.

A portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, nunha intervención durante un xantar-coloquio no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.. BNG
A portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, nunha intervención durante un xantar-coloquio no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta