A Orquestra Panorama cancela a súa xira 2020

Aseguran que non é posible adaptar o seu espectáculo á nova normalidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

Menos dunha semana despois de que o Goberno galego anunciase que as verbenas populares poderían regresar a partir do 1 de xullo, e o día despois de que avanzase a creación dun protocolo na materia, unha das orquestras máis recoñecidas de Galicia, Panorama, anunciou este mércores que cancela a súa xira 2020, entre outras cuestións, ante a "imposibilidade" de adaptar o seu espectáculo ás condicións da nova normalidade.

A orquestra apunta que desde hai "varias semanas" viñeron apreciando que "sería moi difícil realizar esta xira dado o problema sanitario tan grave" que vive nestes momentos Galicia, tendo en conta que os protocolos sanitarios "van requirir de limitacións e controis de aforamento, distanciamento social e mesmo distanciamento entre os propios artistas".

A formación indica que, por seguridade, prefiren non arriscarse a provocar "aglomeracións" derivadas das súas actuacións e avanzan que, tras as últimas cancelacións de comisións de festas, "resulta totalmente imposible realizar a xira con menos de 15 actuacións".

Do mesmo xeito, descartaron realizar unha adaptación do seu espectáculo a un modo máis "relaxado", que puidese verse respectando as normas da nova normalidade. "Non sería Panorama, nin os nosos seguidores estarían a ver o que esperan de nós", recolle o comunicado, co que a orquestra inicia a "conta atrás" para a xira de 2021.

Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta