A Xunta afirma que usará drones este ano para o control forestal e a ordenación urbanística

Empregaranse para detectar situacións de abandono no rural e avaliar franxas de seguridade contra o lume.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A Xunta ten en marcha dous proxectos de uso de drones con sensores para o control este ano de masas forestais e da ordenación urbanística.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, participou este mércores nunha xornada técnica para presentar os proxectos de vehículos non tripulados que se desenvolven no aeródromo de Rozas, Castro de Rei.

Eseta iniciativas tamén permitirán, por unha banda, a planificación de áreas empresariais e agrarias, así como a xestión hidrolóxica. Por outra banda, empregarase para detectar situacións de abandono no rural e avaliar franxas de seguridade contra o lume ao redor de poboacións, unido ao tratamento de pragas e o uso para inventarios forestais.

Conde puxo en valor a cooperación entre os dous consorcios que lideran estas solucións, integrados por pemes, universidades e centros de investigación. En concreto, no proxecto Terra 3 participaron Altia Consultores,Aeromedia UAV, o Centro de Observación e Teledetección Espacial (Cotesa), coa o subcontratación do grupo de investigación Laborate, da USC, e a empresa lucense3EData.

No tocante ao proxecto Terra 4, participaron 3EData Enxeñaría Ambiental, a Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira (Cetemas) e Cotesa. Estas iniciativas forman parte da Civil UAVs Initiative, aposta estratéxica da Xunta para promover o uso de drones no ámbito civil.

Empresas galegas promoven un proxecto de xestión forestal con uso de drones. OCTO - Arquivo
Empresas galegas promoven un proxecto de xestión forestal con uso de drones. OCTO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta