Marea Galeguista reclama a Feijóo que "abra xa" os centros de día

A formación reivindica o carácter "fundamental" destes centros nos servizos de dependencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Marea Galeguista urxe á Xunta a que "poña fin á situación de inxustiza" cos maiores e as súas familias, e acusou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo de "mentir á cidadanía galega" nun momento de "emerxencia social".

Segundo informa nun comunicado, a cabeza de cartel por Pontevedra aos comicios do 12X, Peque González, denunciou este mércores que os centros de día, a pesar de que se continúa camiñando cara a "unha progresiva normalidade" e dan servizo en Galicia "a máis de 14.000 persoas", seguen "pechados".

"Non parece que camiñemos cara a unha nova normalidade moi xusta", engadiu, antes de reivindicar o seu carácter "fundamental" nos servizos de dependencia.

Igualmente, a candidata de Marea Galeguista remarcou o apoio da formación ás familias, e en especial ás mulleres, que "tanto dependen destes centros nos coidados dos seus maiores".

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita o centro de día da Pobra.. XUNTA - Arquivo
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita o centro de día da Pobra.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mercedes Vazquez

Marea que...? Por que nos puxestes en Ourense unha ex-candidata de Ciudadanos, amiga de Rivera e Arrimadas? Estais enganando á xente. Mais ben sodes Morea de Merd