Morre unha muller tras ser atropelada por un turismo en Marín

Aínda se descoñecen as causas do incidente.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/06/2020 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu na mañá deste xoves tras ser atropelada por un turismo nunha rúa do termo municipal de Marín (Pontevedra).

Así o confirmaron a Europa Press fontes do 112 Galicia e da Policía Local de Marín, que indicaron que o atropelo tivo lugar sobre as 11,00 horas na rúa Concepción Arenal.

Tras recibir varias chamadas para alertar dun atropelo á altura do número 108, o 112 Galicia avisou aos Bombeiros do Morrazo e aos de Pontevedra, así como a Policía Local e Protección Civil. Fontes municipais sinalaron que a persoa falecida é unha muller e que a Policía Local procedeu a solicitar os datos para aclarar as circunstancias deste atropelo mortal.

Atropelo mortal nunha rúa de Ourense
Atropelo mortal nunha rúa de Ourense | Fonte: youtube.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta