Vídeo da protesta de Queremos Galego

A manifestación de Queremos Galego en Santiago, non tan numerosa como noutras ocasións pero que encheu a Quintana, reclama a retirada do "Decreto do Plurilingüismo". Vídeo no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 28/01/2013 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

Carlos Callón manifestación de Queremos Galego na Quintana
Carlos Callón manifestación de Queremos Galego na Quintana | Fonte: WB

No discurso final o presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón, advertiu ao PP que en Queremos Galego participan organizacións de todos os sectores salvo os propios conservadores. O voceiro tamén arremeteu contra o proxecto estatal de reforma do ensino, que cualificou de "Lei da Wergoña", en referencia ao ministro de Educación. 

O galego perde protagonismo na axenda pública

A marcha discorreu sen incidentes dende a Alameda até a Praza da Quintana de Compostela. Os asistentes, entre os que había moitos mozos, lograron enchela nun día de temporal. Agora ben, a concorrencia foi menor que en pasadas mobilizacións de Queremos Galego, nas que se chegou a ateigar a Praza do Obradoiro.

Un dos factores que axuda a comprender que o volume de manifestantes fose menor é que a polémica en torno á lingua marcou o inicio da pasada lexislatura de Alberto Nuñez Feijóo. Na actual, polo contrario, é evidente que a cuestión do galego no ensino perdeu peso na axenda pública en favor da crise e en particular das cifras record de paro. 

manifestación de Queremos Galego na Quintana
manifestación de Queremos Galego na Quintana

As organizacións nacionalistas as máis numerosas na protesta

Con todo, malia que o PPdeG, unha vez logrado o poder, escapa de toda polémica lingüística, Queremos Galego segue a manter unha considerable capacidade de mobilización. Na plataforma participan varios centos de colectivos de toda caste e ideoloxía, salvo os próximos aos conservadores. Agora ben, na protesta de hoxe en Santiago os cidadáns que acudiron levaban case exclusivamente distintivos de organizacións nacionalistas de esquerda. 

Callón rematou a súa alocución cun recordo ao falecido Avelino Pousa Antelo, que actuou de voceiro en pasadas mobilizacións. A concentración concluíu co himno, berros de "Na Galiza, en galego!" e "Independencia!". 

Non houbo incidentes e a protesta foi vixiada a bastante distancia por polo menos cuatro grilleiras da Unidad de Intervención Policial (UIP).

Cidadáns manifestación de Queremos Galego na Quintana
Cidadáns manifestación de Queremos Galego na Quintana | Fonte: WB
A Quintana chea na protesta de Queremos Galego
A Quintana chea na protesta de Queremos Galego
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

12 felix the cat

Qué guapa la mani!! Me encanta Galicia, el idioma, la cultura, siempre lo digo, si no fuera catalán me hubiera gustado ser gallego. Un saludo desde Catalunya, pueblo amigo. Nosotros nos vamos a ir de esta España monolingüe que nos ahoga y que nos quiere exterminar, deberíais hacer lo mismo.

11 límico

Non pedimos moito, só pedimos o noso, o que xustamente nos corresponde, que podamos falar, escribir e educar os nosos fillos na lingua herdada dos nosos pais. Non imos pedir nada a Valladolid nin a Toledo. ¡DEIXADENOS SER GALEGOS, POR FAVOR!. Vós tedes a inmensa maioría do territorio iberico para falar na vosa lingua. Non non pisedes mais.

10 Galicia Confidencal

Un comentario foi eliminado deste fío por conter un insulto. O seu autor non poderá participar máis nestes foros se persiste a aproveitar o anonimato para insultar, o cual é unha conducta penada pola Lei. Grazas á inmensa maioría dos que participan con sentidiño nos debates, sexa cal foro a súa postura política.

9 GzVideos.info

Video da manifestación: http://youtu.be/BC9aDBK8Lss

8 Ramón Otero

Por si alguien duda de la veracidad del comentario nº6 envío un enlace con parte de esa entrevista que apareció en Xornal de Galicia poco antes de su desaparición y que ahora he encontrado transcrita en esta página web. Por favor, léanla en su totalidad y compruébenlo. http://cartaxeometrica.blogspot.com...

1 Akribéstaton

Imos ver. Desde quando os argumentos, se são bons (o que implica, inter alia, serem compreensíveis e precisos), necessitam de qualquer pedestal? Pode-se compreender que para o morto seja magnífico ser arrastrado porque assim se faz a "ilusión" de que se move. Mas que se declare herói da liberdade! Ou simplesmente és um dos tróis de GC?