Os galegos prevén gastar un 53% menos nas vacacións de verán, segundo o observatorio Cetelem

Gastarán 668 euros, case 200 euros menos que a media do estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Os galegos prevén destinar de media 668 euros ás vacacións de verán este ano, un 53 por cento menos que os 1.196 euros que prevían gastar hai un ano, de acordo co Observatorio Cetelem Estacional, un estudo centrado no comportamento dos consumidores no período estival.

A cifra é un 21 por cento inferior á da media española, que prevé un gasto de 848 euros nas vacacións de 2020. O 67 por cento dos galegos enquisados ten pensado facer un desembolso menor ao de 2019, mentres que un 26 por cento prevé manter o nivel e un sete por cento cre que gastará máis.

Só o 14 por cento dos galegos manifestou no estudo que a crise sanitaria polo coronavirus non afectou os seus plans para este verán, polo que fará o mesmo tipo de viaxe que tiña pensado. O 20 por cento, con todo, pensaba viaxar e descarta agora ese plan por medo ao contaxio.

Un 19 por cento sinalou que viaxará, pero reducirá gastos e buscará outras fórmulas de aloxamento; mentres que un 24 indicou que non fará desprazamentos por motivos económicos e un 20 por cento rexeita a opción polas limitacións en hoteis e praias. O catro por cento restante explicou que cambiou os plans de praia polos de turismo rural.

En canto aos destinos, o 54 por cento dos galegos quedará en territorio nacional e desprazarase a casas de familiares e amigos. Entre as actividades, o 76 por cento dixeron que irán de compras; un 46 por cento, que farán visitas culturais, e un 31 por cento pensa no turismo rural.

O estudo realizouse a partir dunha enquisa en liña levada a cabo pola empresa Invesmarket, con 1.000 entrevistas a maiores de 18 anos no ámbito nacional e das comunidades autónomas. 

Clientes nunha terraza da capital de Lugo, o día que no que a provincia pasa xunto ao resto das que compoñen Galicia á fase 1. Carlos Castro - Europa Press
Clientes nunha terraza da capital de Lugo, o día que no que a provincia pasa xunto ao resto das que compoñen Galicia á fase 1. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta