Denuncian extorsión ás granxas lácteas galegas coa nova cláusula dos custos de produción

O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito de denuncia na Axencia de Información e Control Alimentarios (Aica) sobre a extorsión que están a sufrir as granxas ao ser obrigadas a falsear a cláusula do contrato.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Esta práctica violaría o novo artigo da Lei da Cadea Alimentariade maneira xeralizada por parte das industrias lácteas pola obriga de que figure no contrato de "indicar expresamente o prezo pactado entre produtor primario agrario, gandeiro, pesqueiro ou forestal, ou unha gran agrupación deste e o seu primeiro comprador cubra o custo efectivo da produción".

Lácteos, leite, vacas. XUNTA - Arquivo
Lácteos, leite, vacas. XUNTA - Arquivo

Segundo o Estudo de Custes e Rendas das Explotacións Agrarias (Ecrea) do Ministerio de Agricultura, os custos medios de produción das granxas lácteas galegas encóntranse en 39 céntimos; contrastado cos índices de prezos medios publicados polo Observatorio do Sector Lácteo do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), que revela uns prezos medios ponderados ao redor dos 32 céntimos, e con tendencia á baixa nos novos contratos que se están a asinar.

Na súa denuncia, o SLG sinala á práctica maioría de operadores e industrias como culpables e “o inmenso temor ás represalias” que teñen as granxas de denunciar por si mesmas ou de negarse a asinar uns contratos nos que non se di a verdade.

Con esta denuncia, dende o Sindicato Labrego Galego "agardamos que a Aica, como organismo competente para realizar as comprobacións que corresponda das denuncias por incumprimentos da Lei da Cadea Alimentaria, actúe e poña fin ás prácticas "mafiosas" da industria láctea obrigando a pagar ás granxas un prezo xusto e digno polo leite que realmente cubra os custes de produción", conclúen. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta