Temas: ERTE FENE ERE

Os traballadores de Noa Madera reclaman que non se executen os expedientes de emprego

A marcha discorreu desde as instalacións industriais ata o Concello.

Por E.P. | Fene | 19/06/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Traballadores, familiares, amigos e cidadáns participaron na manifestación convocada polo comité de empresa de Noa Madeira Creativa para reclamar que a dirección da compañía, o Grupo Malasa, non execute o despedimento de 68 traballadores incluídos nun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo.

Noa Madera
Noa Madera | Fonte: Google Maps.

Tamén soliciatan a paralización dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), de quince meses que afectará a outros 89, o que suponde que tan só doce operarios non se verían afectados por estes expedientes.

A marcha, que transcorreu sen incidentes, partiu das instalacións situadas no polígono industrial de Vilar do Colo, en Fene, pasados uns minutos das 19,00 horas e finalizou ante o concello.

Os convocantes reclamaron "o mantemento da actividade produtiva" desta empresa, que ten entre os seus clientes máis destacados ao grupo Inditex, para o que realizan a montaxe de establecementos comerciais, ademais a marca de roupa deportiva Adidas, para a que tamén realizan reformas.

O responsable da Federación de Construción e Madeira de CIG en Ferrol, Marcos Sánchez, asegurou que esta mobilización foi convocada co obxectivo "de reclamar ao Grupo Malasa, propietario destas instalacións, que dea marcha atrás no desmantelamento da empresa e na destrución de postos de traballo" e que "non execute ningún dos expedientes".

Temas: ERTE FENE ERE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta