Outro home morto tras envorcar un tractor en Soutomaior

O incidente tivo lugar a últimas horas do venres por circunstancias que aínda se investigan.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2020 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Un home faleceu tras sufrir un accidente co tractor que manexaba nunha leira en Soutomaior (Pontevedra) e quedar atrapado baixo o mesmo.

O 112 informou este sábado de que os feitos se produciron no lugar de Rial e que o aviso foi recibido ao redor das 21,00 horas deste venres. Os sanitarios desprazados ao lugar pensaron nun primeiro momento en pedir a intervención dun helicóptero medicalizado, pero a acción anulouse ao confirmarse que a vítima morrera.

Foron mobilizados profesionais sanitarios de urxencia e os bombeiros do Morrazo, ademais de integrantes de Protección Civil da localidade. Foi necesario levantar o tractor para retirar o corpo do home.

Deuse aviso tamén aos bombeiros de Pontevedra e Vigo, á Garda Civil e á Policía Local e ao servizo de mantemento de estradas.

Accidente dun tractor en Valga.. GARDA CIVIL
Accidente dun tractor en Valga.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta