Sen cambios no número de contaxiados en Galicia

Galicia rexistra por segundo día 340 casos activos con subas de casos en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2020 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O número de casos activos de Covid-19 en Galicia mantívose este domingo sen cambios con respecto ao sábado, cun total de 340, mentres que as persoas curadas son dúas máis e chegan a 10.532.

Así se reflicte nos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, nos que se sinala que do total de pacientes positivos, catro permanecen en unidades de hospitalización --dúas menos que o sábado-- e 336 en seguimento domiciliario --dous máis--. A UCI de Galicia seguen sen casos Covid-19.

Dos 340 casos positivos, 140 corresponden á área de Vigo --un menos que o sábado--; 109 á da Coruña --un menos--; 30 á de Santiago --dúas máis--; 24 á de Ourense --os mesmos--; 17 á de Lugo --os mesmos--; 12 á de Ferrol --igual que hai 24 horas-- e oito á de Pontevedra --os mesmos--.

Sanidade sinala que ata a data curáronse en Galicia 10.532 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o pasado 10 de xuño, e correspóndese cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias. O número de PCR realizadas en Galicia ascende a 165.608, fronte ás 164.673 deste sábado.

Unha persoa sométese a un test rápido de COVID-19. H.BILBAO - EUROPA PRESS
Unha persoa sométese a un test rápido de COVID-19. H.BILBAO - EUROPA PRESS

Por outra banda, os casos de COVID-19 en residencias de maiores de Galicia mantéñense este domingo en cinco, o mesmo número que 24 horas antes, segundo os datos facilitados este domingo polas consellerías de Política Social e Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta