Montero pídelle ao PP que deixe o "xogo de insultos" de Vox e axude a saír da crise

Lamenta o "patriotismo de lata" dos populares, que acoden a Europa a pedir "que lle poñan deberes" a España.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 21/06/2020 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, asegurou este domingo que España "necesita o concurso de todos, tamén da dereita, tamén do PP", para a saída da crise. Por iso, suxeriu aos populares que "xa está ben do xogo de insultos e de mentiras" que manteñen con "a ultradereita" de Vox.

"Se un di unha barbaridade, o outro di unha barbaridade máis grande. E así non imos gañar nunca, imos perder todos, porque ao final a política imprégnase da rifa, da polarización, do ruído, de todo iso que fai que a xente se desconecte", xustamente "o que á ultradereita lle interesa".

Así o manifestou a dirixente socialista durante un mitin de precampaña en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), onde arroupou ao secretario xeral e candidato do PSdeG-PSOE ás eleccións galegas do 12 de xullo, Gonzalo Caballero, e no que tamén interviñeron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Vilagarcía e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela; e o deputado autonómico e integrante da lista por Pontevedra Xullo Torrado.

Durante a súa intervención fronte a un centenar de cargos e simpatizantes do PSdeG, Montero afeou a "a ultradereita e a dereita" que consideren que o Goberno do que forma parte é "ilexítimo". Por iso, suxeriulles que "se non lles gusta o resultado das eleccións, terán que esperar ás seguintes".

"Pero non se pode, durante unha pandemia que arrasou a vida de miles de persoas e que tivo aos sanitarios a pé do risco durante tantos días, (...) aproveitar a situación para que o Goberno sexa débil ou se desgaste", engadiu.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e a ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, nun mitin de precampaña en Vilagarcía de Arousa.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e a ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, nun mitin de precampaña en Vilagarcía de Arousa. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta