Abascal xa lle ofrece un pacto de goberno a Feijóo: "pero non lle regalaremos os escanos"

Promete "unha distancia infinita" co Goberno central, ao que volveu acusar de "criminal" pola xestión da COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/06/2020 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O presidente de Vox, Santiago Abascal, afirmou este domingo que a súa formación "ten un pé dentro" do Parlamento de Galicia e reiterou a súa disposición "ao diálogo" co PPdeG, "dependendo do respaldo" que lles dean os galegos.

Abascal participou este domingo nun acto preelectoral na capital galega, a cuxa praza do Obradoiro chegou despois de percorrer, a pé e acompañado de simpatizantes, o último tramo do Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo. Numerosas pintadas críticas recibiron ao grupo na cidade e, no acceso ao casco antigo, varios cidadáns gritaron aos integrantes de Vox: "Fascistas fóra!".

En declaracións aos medios ao finalizar o percorrido, Abascal asegurou que, se obteñen representación, serán "razoables e realistas" nunhas posibles negociacións cos populares. "Non imos tratar de impor o noso programa político completo se só temos un escano, pero faremos valer a nosa forza", dixo e criticou que o presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, "pensa" que Vox ten "a obriga de regalarlle os escanos".

Cando, o pasado febreiro, Abascal xa se mostrou disposto a pactar co PP en Galicia, Feijóo replicou que non negociaría con este partido. O líder de Vox sinalou que non ten cálculos dos resultados que podería obter nas eleccións autonómicas do 12 de xullo. O seu partido non manexa habitualmente enquisas, argumentou, pero tampouco se fía das dos demais, que "sempre din que Vox non vai entrar".

O presidente de Vox, Santiago Abascal; e o candidato de Vox pola Coruña para os comicios galegos do 12 de xullo, Ricardo Morado, á súa chegada a Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, a 21 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente de Vox, Santiago Abascal; e o candidato de Vox pola Coruña para os comicios galegos do 12 de xullo, Ricardo Morado, á súa chegada a Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, a 21 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

ENQUISAS

"Dixeron que non iamos entrar en Andalucía, que viñamos dividir. Algo parecido están a dicir en Galicia", sinalou e lembrou que un pacto co PP provocou un cambio de cor no Goberno andaluz. "Agora están moi seguros de que non imos entrar, pero eu creo que nos teñen moito medo e que saben que xa temos un pé dentro", reiterou.

No mesmo sentido, o candidato pola provincia da Coruña, Ricardo Morado, manifestou que esta é "a última etapa" de Vox para chegar ao Parlamento galego e que falta "un empuxón para facer historia como en Andalucía".

Os "MATÓNS" DO VICEPRESIDENTE

Antes de saír do Monte do Gozo, o líder de Vox dirixiuse ás máis de 100 persoas congregadas alí para asegurarlles que a formación terá unha voz "absolutamente clara, non equívoca, como a do resto dos partidos". Vox, dixo, está en Galicia para "dar a sorpresa" e que pronto haxa "brotes verdes" no Pazo do Hórreo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Ilegalizacion de Vox Xa

A estes Fachascales e Voxemitas hai que atalos ben corto despois das eleccións, á minima que violen a lei hai que denuncialos, detelos e metelos entre reixas. Son todo o que é negativo para unha sociedade civilizada: incultura, corrupción e cando veñen mal dadas sempre optan pola mesma solución, xenocidio dunha parte da sociedade. Deberian ser ilegalizados como partido político. Nunha democracia os partidos están obrigados por lei a ser democráticos, estes non o son, son ilegais.

2 catafracto galego

a santa compaña "dos parvos dirixidos polos tolos"

1 Ana

Resumo do que nunca apoiaria: centralismo, monarquia, touradas, vacunacion obrigatoria, globalismo economico, patrioterismo, ultracatolicismo, privatizacion do publico, machismo, pechar fronteiras a inmigracion nun pais con baixa natalidade, politicas contra a lingua galega... Por ultimo non apoiaria a quen non teña claro que moito antes de existir España ou Castela xa existia Gallaecia e que temos dereito a deixar de emigrar e nos beneficiar dos nosos propios recursos, por exemplo, con unha taria electrica galega.

1 Iñorantesnon

Infeliz. Gallaecia y Galicia tienen en común sólo el parecido semántico.

2 Cheiranchospés

Certo Iñorantesnon. Igualiño que Hispania e España son ideas diferentes.